- Aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
- Inflexibilidade coas irregularidades urbanísticas.
- Plans de inversións para melloras nos barrios.
- Estudar e procurar a construción dun parking subterráneo na zona do Corgo.
- Implantación das empresas nun polígono industrial onde as condicións sanitarias e ambientais estean controladas e vixiadas constantemente.
- Creación e posta en marcha da Empresa Municipal de Vivenda e Solo.
- Posta en funcionamento dunha Bolsa de Aluguer que xestione a oferta e a demanda de vivenda en réxime de arrendamento.
- Plan de rehabilitación de vivendas usadas, con fondos europeos e/ou rexionais, co obxecto de mellorar o parque de vivendas e reorientar o emprego da construción.
- Oposición radical aos desafiuzamentos, ofrecendo toda a axuda a posibles casos que xurdan no pobo.
- Buscar posibilidade de convenios entre Xunta, Concello e propietarios de vivendas en situación de deterioro ou ruinosas para a rehabilitación e utilización como vivendas sociais, casas de acollida, albergues ou zonas de ocio, xuvenil ou cultural.
- Traballar na viabilidade dun Plan integral en Peralto, para a rehabilitación de vivendas deshabitadas, encamiñado a fomentar a implantación dunha zona comercial artesán.
URBANISMO E VIVENDA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario