- Plan de mobilidade urbana sostible (PMUS), que mellore o tránsito no concello, sobre todo no casco urbano. Elaboración participativa coas achegas dos diferentes actores sociais (Servizos de seguridade, emerxencias, técnicos de mobilidade,...) e a cidadanía.
* Potenciar a mobilidade peonil e o uso dos medios non motorizados
(bicicletas, patins, patinetes...) coa implantación de rúas peonís, carrís
bici...
* Medidas para camiñar cara un concello 100% accesible.
* Medidas de calmado do tráfico (implantación de pasos elevados,
semáforos...)
* Mellorar a seguridade dos peóns (elevar os pasos, colocar bolardos para
evitar que aparquen coches,...)
* Reordenación e delimitación dos aparcadoiros e habilitación de novas prazas
de estacionamento libres e gratuítas. Procurar bolsas de aparcamento a través
de aluguer de fincas, solares e parcelas ou convenios de cesión cos
propietarios das mesmas.
- Poñer en funcionamento o servizo de guindastre municipal.
- Control rigoroso do ruído producido polo tráfico, en especial polas motocicletas.
- Regularización mediante ordenanza do uso dos patinetes eléctricos.
- Continuar cos cursos de educación viaria nos centros educativos.
- Promover charlas periódicas á veciñanza sobre seguridade viaria.
- Recuperar o servizo 24 horas da Policía Local.
- Dotar á Policía Local e Emerxencias do persoal, medios e recursos precisos.
- Traballar cara un servizo coordinado da Policía Local e Emerxencias.
- Crear unha mesa de Seguridade Cidadá na que participen Concello, Policía Local, Garda Civil, Emerxencias ,... na que se analicen e busquen solucións a problemas de seguridade, se coordinen actuacións en eventos multitudinarios...
Ningún comentario:
Publicar un comentario