COLABORA NO PROGRAMA

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

APOSTAR POLOS SERVIZOS PÚBLICOS
  • Establecemento da xestión directa como forma de xestión preferente para os servizos municipais, nas súa distintas modalidades.
  • Radical oposición a privatización dos servizos públicos.
  • Tendencia á recuperación para a xestión directa municipal dos servizos públicos privatizados garantindo os postos de traballo; servizo de limpeza das instalacións municipais, servizo de axuda no fogar, ...
  • Fomento e apoio as formulas de participación da economía social ou asociacións de interese social, como son as do ámbito da discapacidade, na xestión de servizos.
  • Fomentar e apoiar fórmulas de xestión a través de cooperativas.
  • Explorar fórmulas de participación da cidadanía nos pregos de condicións dos contratos públicos municipais.

NO CASO DAS EMPRESAS PRIVADAS
  • Oposición ás concesións de servizos a longo prazo e de xestións que impidan o control da súa actividade por parte da Administración. Evitando deste modo as privatizacións encubertas
  • Procurar a creación de viveiros de empresas.
  • Axilizar a expedición de licenzas empresariais.
  • Control das contratacións directas.
  • Inclusión de cláusulas sociais e ambientais nos pregos de condicións.
  • Prestar especial atención ás cláusulas que rexen o contrato e ao Regulamento de Servizo, a fin de garantir a súa calidade e o control eficaz; así como incorporar ao contrato determinadas obrigacións respecto da contratación dos traballadores, os seus dereitos laborais, aplicación da lexislación presente en materia de saúde laboral.
  • Rexeitamento a contratación a través de Empresas de Traballo Temporal (ETT) e as concesións administrativas de empresas que os usen.
  • Baremos con criterios de preferencia ás empresas con emprego fixo e de calidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario