- Mellora do “Portal único cidadá” e potenciación do mesmo, como método de aforro de papel e como método de xestión entre a veciñanza e a administración, incluíndo ademais a posibilidade de pagos de impostos e multas.
- Xestionar, con eficacia e celeridade todas as suxestións e reclamacións enviadas polos veciños.
- Mellora na xestión de solicitudes de subvencións municipais, permitindo a xestión telemática e axilizando a presentación de documentación ao igual que sucede coas da Xunta e Estado.
- Mellora da coordinación interna entre departamentos e concellerías na xestión dos servizos.
- Establecer mecanismos eficaces de coordinación administrativa con outras administracións públicas e ampliar os convenios existentes a outras administracións (Centros educativos, Universidades...).
- Ampliación da rede wifi a máis centros e espazos públicos municipais, sempre con garantía ambiental plena. Abrir as redes wifi ao uso veciñal.
- Apoio aos medios de comunicación e difusión alternativos e ás emisoras de radios, publicacións, gacetas, xornais, fascíns,... creados por asociacións culturais, xuvenís, deportivas,...
- Fomentar a creación dunha radio pública municipal.
- Fomentar a solicitude previa para ser atendido polo Alcalde e/ou concelleiros e realizar un rexistro das visitas no que conste a persoa solicitantes, hora de entrada e saída e tema tratado, en aras da transparencia.
- Crear a carta de servizos, aprobada por unanimidade en Pleno a instancia de Esquerda Unida, co obxectivo de difundir os compromisos de calidade das prestacións que ofrecen os distintos departamentos municipais, así como establecer o marco no que se van a desenrolar, a súa avaliación e mellora, acorde co principio do servizo á cidadanía.
- Habilitar un apartado de Transparencia na web municipal onde se recollan os salarios e patrimonios dos concelleiros, se publiquen as contas municipais, as licitacións, ofertas de emprego, contratacións, axudas, ...
- Revisión e actualización de todas as ordenanzas municipais.
- Mellorar a comunicación entre o concello e a veciñanza.
- Crear un manual de identidade corporativa.
COMUNICACIÓN, NOVAS TECNOLOXÍAS E TRANSPARENCIA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario