COLABORA NO PROGRAMA

CANDIDATURA


Coñece as mulleres e homes que forman parte da candidatura de Esquerda Unida para as vindeiras Eleccións Locais do 26 de maio.


Para que O Grove avance.


1- JOSE ANTONIO OTERO GONZALEZ
39 anos.
Técnico de Electrónica de Consumo. Empregado nun comercio de electricidade e electrodomésticos local. 
Actual concelleiro de EU na corporación municipal xunto con Juan Lamelas. Comezou a súa andaina política en 1999 nas Xuventudes Comunistas. Dende novembro do 2017 é o Coordinador Local de Esquerda Unida. Participou en candidaturas dende o 2003.
Colabora e participa en diferentes colectivos sociais, culturais, deportivos e educativos.


2- ANA CRISTINA DOMINGUEZ DOMINGUEZ
38 anos.
Empregada de Perruquería. Cursa estudos de Xestión Administrativa. 
Pertence á coordinadora local de Esquerda Unida e dende novembro de 2017 é a responsable local da Área de Muller de EU, representando á formación esquerdista no Consello Local da Igualdade. 
Participa no movemento feminista comarcal e no tecido cultural a través de grupo de baile Paradanda e do grupo de Teatro Mecos.


3- JUAN LAMELAS ALFONSO
37 anos.
Empregado da Hostalería. Ex-coordinador local de Esquerda Unida e membro da actual coordinadora local. Actual concelleiro de EU na corporación municipal xunto con José A. Otero. Encabezou a candidatura de EU no 2007 e 2015. Concelleiro nos anos 2007 a 2011, 2013 a 2015 e 2015 a 2019. Concelleiro de Formación e Emprego, Perosal e Xuventude durante o mandato 2007-11. Vinculado ao Partido Comunista participa en diferentes loitas sociais dende que iniciou a súa militancia no movemento estudantil.



4- SUSANA MILLAN PROL
38 anos.
Diplomada en Turismo. Máster en Dirección e Xestión en Actividades Turísticas. Na actualidade cursa un Máster de Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos na UDC logo de recibir a Bolsa Excelencia Mocidade Exterior tras case 6 anos traballando en Hamburgo.





5- JOSE ANTONIO GONDAR TRIÑANES
58 anos.
Pensionista. Membro da coordinadora local de Esquerda Unida. Membro da executiva da Unión Comarcal de Arousa de Pensionistas e Xubilados de CCOO. Ex-membro do Consello Nacional de Galicia de Pensionistas e Xubilados de CCOO. Activista en defensa das Pensións Públicas.





6- MARIA ISABEL MONTENEGRO FONTOIRA
63 anos.
Camareira de Pisos. Activista en defensa dos dereitos das Camareiras de Piso a través da asociación Kellys Unión Galicia. Participou como poñente na xornada “A Loita das mulleres no marco do mercado laboral: dereitos e empoderamento no sector turístico” no Parlamento Europeo.





7- DAVID GONDAR PRIETO
35 anos
Empregado da Hostalería dende hai dezanove anos, ostentando cargos de responsabilidade; metre de hotel ou xefe de restauración. Ligado a movementos sociais e culturais. Membro da coordinadora local de Esquerda Unida.






8- PATRICIA VILAR PEREZ
43 anos.
Mestra de castelán para estranxeiros nunha academia local. Imparte clases de apoio en Matemáticas e Física e Química. Cursou estudos de Física, Meteoroloxía e Medio Ambiente.







9- EDUARDO GARCÍA IGLESIAS
38 anos.
Enfermeiro Interino no Sergas. Diplomado universitario en Enfermería. Colabora e participa en plataformas en Defensa da Sanidade Pública.








10- JUDIT TRIÑANES LOIS
39 anos.
Empregada da Conserva e a Hostalería.
Simpatizante de Esquerda Unida, é a súa segunda participación nunha candidatura logo de formar da mesma nas eleccións do 2015. 







11- SONIA GONDAR GONDAR
35 anos.
Socióloga. Opositora. Conta con experiencia como socióloga e en investigación de mercados e opinión pública. Formación especializada en docencia, migracións internacionais, igualdade, voluntariado e novas tecnoloxías. Diplomada en Estudos Avanzados en Doutorado de Socioloxía pola UDC.
Pertence á coordinadora local de Esquerda Unida. Participou por primeira vez na candidatura no 2015.



12- FRANCISCO MIGUEZ GUILLAN
46 anos.
Empregado da conserva. Forma parte varios colectivos musicais e deportivos.
Formou parte da candidatura por primeria vez nas eleccións 2015.







13- ANA ISABEL VISO VAZQUEZ
64 anos.
Autónoma xubilada. Participa activamente en Artegrove onde ostenta o cargo de secretaria. Colaboradora do Banco de Alimentos Rías Baixas. Socia do Colectivo Ecoloxista do Salnés.
Pertence á coordinadora local de Esquerda Unida e representou a organización no Consello Local da Igualdade.




14- JOSE ANTONIO TABOADA MAGDALENA
65 anos.
Xubilado, traballou no Casino La Toja, formando parte do comité de empresa por CCOO. Presentouse como candidato á Alcaldía en 1999 e 2011, resultando concelleiro electo na última ocasión. Renunciou á acta a finais do 2012 sendo substituído por Juan Lamelas. Tamén foi concelleiro no mandato 2003-2007 substituíndo a Xan Caneda. Membro da coordinadora local de Esquerda Unida.



15- MARIA CARMEN GONDAR TORRES
67 anos.
Pensionista. Pertence á executiva da Unión Comarcal de Arousa de Pensionistas e Xubilad@s de CCOO ostentando o cargo de responsable da área de muller. Representante de CCOO no Consello Local da Igualdade.






16- AMELIA SOUTULLO FIGUEIRO
44 anos.
Técnica Superior en Dietética.
Participou en candidaturas de Esquerda Unida dende o 95.







17- JOSE MANUEL BOULLOSA PRIETO
64 anos.
Pensionista.

S1- MARIA LEONOR SOILAN CALVO
78 anos. 
Mestra xubilada. Concelleira no mandato 2003-2007 xunto con Xan Caneda.
Militante de Esquerda Unida.

S2- ELVIRA VARELA GONDAR
74 anos
Xubilada.

S3- GONZALO BEA MONTENEGRO
39 anos.
Empregado da Hostalería, desempeñando a labor en diversos hoteis de catro estrelas e chegando a ser segundo xefe de recepción. Rexentou un negocio de copas en Barcelona.
Participou en varias ocasión no Comité de Empresa.  Militante de Esquerda Unida exerceu como responsable local de Organización.

Ningún comentario:

Publicar un comentario