- Impulsar un Centro Municipal de información, acollida e asesoramento para LGTBI. Este centro debería estar dotado con técnicos e membros das asociacións de LGTBI, abarcar servizos de psicoloxía, xurídicos, sexoloxía, e realizar actividades de dinamización, difusión e teléfono de información, entre outros.
- Difusión do Rexistro Municipal de parellas de feito, cuxa existencia e funcións deben ser coñecidas por toda a poboación, ás que, ademais hai que facilitar o seu acceso e garantir a confidencialidade.
- Aprobar convenios colectivos en todas as empresas e organismos públicos municipais, así como en empresas contratadas, que garantan a extensión de todos os beneficios concedidos aos matrimonios ás parellas de feito, do mesmo ou distinto sexo (licenza por contraer matrimonio, permisos por paternidade/maternidade, etc.).
- Promover os acollementos civís. O acollemento a novos cidadáns é a cerimonia social que contribúe á visibilización das novas formas familiares e das diversas opcións persoais de establecer as relacións interpersoais.
- Incluír a perspectiva da orientación transexual nos plans integrais de emprego do concello, por sufrir graves problemas de desemprego.
- Elaboración dun plan contra a discriminación por razón de sexo ou orientación sexual nos centros educativos coordinado polas institucións locais e impartidos por entidades e colectivos LGTB para desenrolar o coñecemento da diversidade sexual.
- Retirada ou denegación de calquera axuda ou subvención a aquelas entidades que pola súa ideoloxía ou actividade incorran en calquera manifestación de homofobia, lesbofobia ou transfobia.
- Promover campañas de información social que denuncien os comportamentos lesbofóbicos, homofobicos e transfóbicos e promovan comportamentos e actitudes de respecto e igualdade.
- Inclusión, dentro das políticas de protección do nenos, de medidas que permitan garantir a liberdade de expresión da sexualidade, co fin de evitar os problemas de inseguridade, baixa autoestima, depresión e outros problemas do rexeitamento dun ambiente familiar e social que rexeita a homosexualidade e a transexualidade.
- Nos casos de expulsión do fogar familiar por razóns da opción sexual, as administracións públicas municipais deberán facilitar á xuventude en esta situación, illada ou mancomunadamente, a axuda tanto emocional como material precisa: apoio pscolóxico, orientación xurídica, vivenda de acollida, becas de estudos, pensións de manutención e outras.
- Programa de mediación social e familiar fronte a actitudes de rexeitamento.
- Programas de formación específica para o traballadores do concello.
- Posta en marcha de servizos que faciliten apoio de todo tipo aos e ás veciñas do concello que sufriran discriminación por razóns de orientación sexual, pola súa transexualidade ou por exercer a prostitución.
- Adopción de acordos de non inclusión de ningún tipo de publicidade ou anuncio de comunicación en aqueles medios de comunicación que non respecten os dereitos de gais, lesbianas, bisexuais e transexuais.
- Reivindicar ante o resto de administración unha lei integral contra a LGTBfobia que penalice as discriminacións por orientación sexual ou identidade de xénero.
- Contribuír, nas competencias que lle son propias a este Concello, ao desenvolvemento e aplicación de todas as medidas previstas na lexislación vixente contra toda discriminación por orientación sexual, identidade de xénero e diversidade familiar, coa finalidade de erradicar da nosa sociedade calquera tipo de LGTBfobia no ámbito familiar, escolar, laboral, social e/ou político.
- Fomentar as condicións de posibilidade para o fortalecemento e o crecemento do asociacionismo LGTBI reivindicativo, entendendo a este como un protagonista clave na loita contra a homofobia, transfobia, bifobia e lesbofobia.
- Promover o coñecemento e o compromiso coa loita contra a LGTBfobia entre o persoal laboral da administración local, especialmente entre os corpos policiais, a través de campañas de sensibilización e cursos de formación desenvolvidos polos propios colectivos.
- Apoiar e difundir as convocatorias contra as agresións que realizan os colectivos LGTBI en todos os espazos que competen á administración local, especialmente nos lugares de lecer, educativos, asistenciais, administrativos e de transporte.
- Garantir atención integral a todas as persoas que sufriron discriminación ou que foron obxecto dun delito de odio, con especial atención aos colectivos máis vulnerables.
DIVERSIDADE SEXUAL
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario