- Contratación dun Técnico de Turismo que poña en marcha un Plan de Desenvolvemento Turístico.
- Dotar a oficina de Turismo de medios e recursos necesarios para un mellor desenrolo da súa actividade.
- Buscar un novo modelo de funcionamento e financiamento para a Festa do Marisco.
- Plan de potenciación e revitalización da Illa da Toxa.
- Desestacionalización do turismo a través de campañas publicitarias que exploten o entorno do Grove, as súas paisaxes e riquezas; Monte Central da Toxa, Monte Siradella, Miradoiro Con da Hedra, Zona San Vicente do Mar, CIPES, Zona Moreiras, Sendeiros, Castro da Siradella, Adro Vello, Cantodorxo…
- Fomentar e potenciar o turismo rural.
- Traballar nas melloras para os diferentes areais: procurar a Q de calidade na maioría, distribuír borralleiros ecolóxicos nos máis concorridos.
- Modificación e adaptación da ordenanza de terrazas co consenso dos sectores implicados e aplicación da mesma para a convivencia entre os establecementos e a veciñanza.
- Impulsar as festividades locais; Festa do Marisco, Entroido, Festa da Malla, Festa do Carme, Festa da Salazón, Nadal, Magosto…
- Mar como reclamo turístico: Exposicións permanentes sobre o marisqueo, ampliable á realización de rutas para mostrar o proceso. Rutas en barcos de batea adaptados para ver o proceso de recollida e limpeza do mexillón, implicando aos participantes no desenvolvemento dos diferentes procesos. Realizar talleres formativo-lúdicos de Colareiras, redeiras e diferentes motivos mariñeiros.
- Traballar na creación dunha ruta de museos e tickets unificados. Implicar aos factores públicos e privados na iniciativa; Centro de Interpretación da Pesca e a Salga, Acuario, Centro de Interpretación da Natureza, Tenda-museo de xabóns La Toja,...).
- Fomentar diferentes xornadas gastronómicas variando o alimento principal, nas que se creen rutas con establecementos asociados.
- Elaboración dun Proxecto Deportivo Municipal que procure o fomento do deporte como alternativa turística e de ocio na vila. Promover convenios cos clubs deportivos e asociacións deportivas para a participación de visitantes e turistas nos adestramentos e/ou eventos ao marxe das competicións oficiais.
- Poñer en marcha un servizo municipal de aluguer de bicicletas.
- Programación cultural nacional con diferentes actividades: cancións típicas galegas, bailes galegos, obras de teatro de escritores galegos…
TURISMO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario