- Poñer en funcionamento do Consello Local Escolar.
- Crear unha comisión de absentismo escolar e unha unidade de atención, apoio e mediación familiar.
- Ofrecer dende o Concello reforzo escolar para familias sen recursos.
- Solicitar á Xunta e Deputación plans anuais de investimento para os centros educativos e prestar unha atención especial ás necesidades dos centros educativos con dotación orzamentaria municipal para o mantemento e mellora dos mesmos (ventás, tellados, fachadas, aseos, seguridade...).
- Arranxar e adecuar todos os parques escolares e realizar un mantemento permanente.
- Procurar comedores escolares e plan madruga en todos os centros educativos con axudas a familias en risco. Fomentar nos mesmos o consumo de alimentos procedentes de agricultura ecolóxica e do comercio xusto.
- Axudas/subvencións:
* Mellorar as axudas para os libros e material escolar.
* Axudas a ANPAS e entidades de centros escolares; dando preferencia a
proxectos sobre educación ambiental, para a saúde, afectivo sexual,
intercultural, dereitos humanos,...
- Esixir á Xunta de Galicia a ampliación da Escola Infantil de Rons.
- Solicitar ao Consorcio Galego a apertura permanente da Escola Infantil de Róns no mes de agosto, sen necesidade de xustificalo anualmente.
- Traballar para a implantación dun maior número de módulos FP para os institutos.
- Ampliar o horario das bibliotecas en epocas de exame.
- Traballar de cara a unha mellora no servizo de transporte escolar e que se cumpran os convenios establecidos coa Xunta de Galicia. Procurar unha liña de transporte para os alumnos de San Vicente que cursan estudos no Monte da Vila.
- Garantir a seguridade nos accesos aos centros educativos e nas paradas de autobús que o precisen.
- Proxecto “Camiños Seguros ao Cole”. Profundar na súa ampliación e seguimento.
- Aproveitamento dos equipamentos escolares en horario non lectivo para realización de actividades (campamentos, ludotecas,…).
- Organizar Xornadas Municipais de Educación, en colaboración coa comunidade educativa, de carácter anual.
- Programación de actividades conmemorativas; Os dereitos da Infancia, Día da Paz, Día da Muller, Día do Libro, Día da Familia,…
- Promover certames nos centros educativos que fomenten hábitos saudables; O Grove sen coche, a auga, espazos sen fume, importancia da reciclaxe,…
- Implantar formación de adultos a nivel municipal: ESO, Bacharelato e Universidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario