COLABORA NO PROGRAMA

POLÍTICA ECONÓMICA FISCAL

XESTIÓN DO GASTO – ORZAMENTOS
  • Aprobación anual de orzamentos en tempo e forma, con recursos suficientes para facer fronte aos servizos públicos municipais.
  • Orzamentos partícipes coa cidadanía a título individual e asociada, tanto no proceso de elaboración, como no de execución, establecendo mecanismos de prioridades e indicadores de seguimento.
  • Carácter progresivo dos orzamentos, atendendo ás necesidades sociais e buscando efectos dinamizadores sobre a economía local.
  • Prioridade dos gastos municipais, naquelas partidas relacionadas cos servizos sociais, servizos básicos cidadáns e mantemento e creación de emprego, tanto directo como indirecto.
  • Transparencia pública na xestión e desenvolvemento dos orzamentos, establecendo mecanismos de control e información claros e accesibles, utilizando para eles distintas vías; internet, reunións de control, servizos de información,...
  • Diminuír ao máximo a realización de gastos sen control orzamentario, que dan lugar posteriormente a recoñecemento de créditos extraxudiciais.
  • Reducir o prazo dos pagos a provedores e subvencións a entidades.
  • Mellorar o prazos no pago a provedores, pequenos empresarios e asociacións.
  • Diminución e racionalización dos gastos en publicidade institucional, obsequios e outros gastos protocolarios.
  • Políticas de diminución e racionalización de gastos de mantemento; telefonía, auga, electricidade, combustible,...
  • Diminución na edición de folletos, carteis, trípticos e resto de formatos en papel, potenciando a utilización das páxinas web, os medios telemáticos e os medios audiovisuais.
  • Tendencia á utilización exclusiva dos medios telemáticos nas comunicacións internas do Concello, restrinxindo ao máximo o uso do papel.
  • Control das contratacións directas e a tramitación dos gastos menores.
  • Control exhaustivo na adquisición de material funxible por parte das distintas unidades administrativas.
  • Plan de aforro e eficiencia enerxética en edificios municipais e iluminación exterior da vila.
  • Elaboración dun regulamento interno sobre normas de comportamento de aforro e eficiencia enerxética que se enviará como circular interna a todos os departamentos administrativos e laborais e que serán de obrigado cumprimento polos empregados públicos.
  • Xestión eficiente dos gastos de persoal, controlando mediante comisións técnicas os gastos en produtividades, horas extraordinarias, indemnizacións,... tendendo á repartición de traballo como método máis eficiente e xusto.
  • Contratos de confirming con entidades crediticias, co fin de permitir o pago máis áxil a pequenos provedores.
  • Destinar o 1% do orzamento municipal á creación de programas de axuda e cooperación.
  • Convocatoria anual de subvencións destinadas ás actividades das asociacións deportivas, culturais, xuvenís,…

XESTIÓN DE INGRESOS. TAXAS E IMPOSTOS

  • Avanzar, dentro das marxes legais, na modificación da estrutura fiscal municipal, co obxecto de levar a cabo unha política de redistribución da riqueza e de ampliación de criterios ambientais. Medidas:
* IBI (Imposto de Ben e Inmobles). Recarga do 10% aos inmobles non residenciais con maior valor catastral; estudar fórmulas que permitan recargar as vivendas e solares baleiros; bonificación ás familias en función do valor catastral do inmoble; bonificación aos propietarios de vivendas de protección oficial.
* IAE. Profundar na recarga a empresas cun volume de facturación superior aos 5 millóns de euros anuais; bonificación polo aumento do persoal fixo.
* Imposto de construción e obras. Bonificación por obras de rehabilitación, especialmente de edificios con algún grao de protección patrimonial; bonificación en obras de xeración eléctrica ou de auga a través de enerxías renovables –solar e eólica–, así como obras de accesibilidade ou de adaptación para discapacitados.
* Plusvalía. Gravar as transaccións especulativas de inmobles; bonificar a herdanza de vivenda habitual ou negocio familiar entre familiares.
* Vehículos. Gravar máis aos vehículos máis contaminantes; bonificación para os menos contaminantes.
* Avanzar en novas figuras impositivas que gravan o uso do chan, o subsolo, voo, espazo radioeléctrico, a banca...
* Taxas e prezos públicos. Establecer criterios de renda e situación de desemprego para bonificar e subvencionar as taxas e prezos públicos dos servizos municipais; axuda a domicilio, servizos deportivos, servizos educativos, auga, lixo, transporte público,...
* Creación dun novo modelo impositivo, que permita pagar menos ás familias con baixos ingresos, así como aos parados e paradas, e recadar máis dos que obteñen rendas maiores.
* Acentuar criterios ambientais no consumo de auga, de tal maneira que se grave máis a quen máis gaste, sempre tendo en conta o número de membros da unidade familiar.
* Actualizar a taxa por ocupación de caixeiros automáticos na vía pública así como a de utilización de estacionamento privado na vía pública.
* Solicitar ao Estado que anule a excepción do pago do IBI por parte da Igrexa Católica.
* Actualización anual dos impostos e taxas municipais ao IPC, co fin de poder facer fronte aos servizos municipais.
* Incluír cláusulas sociais nas ordenanzas fiscais que eximan do pago a persoas en risco de exclusión social.
* Mellorar os sistemas de adianto de pagos, tanto para contribuíntes individuais como para autónomos e pequenas empresas, para o pago de débedas tributarias co Consistorio, ante situacións de dificultade económica.
* Ofrecer a posibilidade de fraccionar os pagos das taxas (IBI, lixo, auga, imposto circulación, vaos, …) de forma mensual, trimestral, semestral ou anual segundo decidan os propios veciños. Estes fraccionamentos non deben supoñer un incremento no pago.

Ningún comentario:

Publicar un comentario