COLABORA NO PROGRAMA

LIMPEZA, MEDIO AMBIENTE E DEREITOS DOS ANIMAIS

LIMPEZA
  • Dotar todas as rúas colectores.
  • Mellorar o servizo de recollida de lixo por barrios.
  • Limpeza frecuente da rede de sumidoiros.
  • Limpeza frecuente en todos os areais da localidade, dotándoos de colectores (lixo e plástico) e realizar campañas de sensibilización coa limpeza dos areais.

MEDIO AMBIENTE
  • Crear e potenciar unha oficina de información medioambiental.
  • Elaboración dun Plan Integral de Educación Ambiental.
  • Mellorar e potenciar os espazos verdes do concello.
  • Utilizar o medio ambiente como novo xacemento de emprego (xardineiros, medición de emisións, cooperativas de reciclaxe,...).
  • Fomentar o uso de enerxías renovables por parte das empresas.
  • Seguir coas campañas de reciclaxe. Buscar fórmulas para aumentar o reciclaxe nos negocios de restauración e hoteleiros.
  • Control do uso racional da auga.
  • Recuperación e potenciación das fontes de auga natural, regatos e lagoas.
  • Apoio á inclusión de liñas de produtos ecolóxicos nos establecementos, comedores escolares e nos servizos municipais.
  • Potenciación da actividade agrícola sostible. Favorecer a agricultura ecolóxica mediante a creación de puntos de venta ou mercadillos.
  • Rexeitamento rotundo aos proxectos agresivos contra os paraxes naturais, como pode ser o campo de golf ou urbanizacións incontroladas.
  • Elaboración dun plan de recuperación do litoral entre Virxe das Mareas e Cantodorxo (Rons, Conroibo...) que contemple a correcta canalización e ocultación das emisións das depuradoras e construción dun emisario; soterramento das liñas eléctricas, acondicionamento das fachadas das depuradoras, plantación de pantallas vexetais, redistribución dos accesos e aparcamentos, e posta en valor dos xacementos arqueolóxicos (castro e necrópole).
  • Implantar tratamentos terciarios en todas as depuradoras e vixilancia estrita dos vertidos.
  • Recuperación ambiental das canteiras con criterios ecolóxicos e respectando a fauna asociada.

DEREITOS DOS ANIMAIS
  • Revisar e e adaptar a Ordenanza Municipal de Protección e Tenencia de animais (2004) para camiñar cara un “Concello Amigo dos Animais”.
  • Crear zonas de espallamento e parques caninos/circuítos agilty en diferentes barrios e dotar ás zonas máis concorridas de saneacans.
  • Campañas de información e sensibilización para a recollida de excrementos dos animais de compaña.
  • Promover as praias para cans e aumentar o número de areais.
  • Traballar conxuntamente cos refuxios e protectoras locais/comarcais.
  • Implantar o Protocolo CES (Captura, esterilización e solta) para problemas de pragas de gatos e pombas.
  • Revitalización do proxecto PIO.
  • Non programar nin autorizar no concello espectáculos onde se maltraten animais (circos...).

Ningún comentario:

Publicar un comentario