- Poñer en funcionamento do Consello Local da Mocidade que teña entre as súas funcións a elaboración dun Plan Municipal da Mocidade de maneira participativa.
- Converter a antiga Escola Infantil do Monte da vila nunha Casa da Mocidade, tal e como se aprobou en Pleno a instancia de Esquerda Unida, e xerar máis espazos xuvenís municipais co propósito de favorecer a rede asociativa xuvenil.
- Dinamización da Oficina de Información Xuvenil.
- Fomentar o asociacionismo xuvenil e apoiar aos colectivos xuvenís con subvencións e axudas para as súas actividades.
- Abrir espazos para o ocio alternativo nocturno, implicando directamente aos máis novos no deseño destes programas.
- Aposta polo cooperativismo como medida de xeración de emprego entre a xuventude.
- Promover actividades de información e orientación coordinadas cos IES e encamiñadas a fomentar os hábitos saudables.
- Peches temporais de determinadas rúas ao tráfico (días festivos por exemplo) para o disfrute da cidadanía e, en particular de nenos, nenas e adolescentes.
MOCIDADE
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario