COLABORA NO PROGRAMA

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

  • Auditoría cidadá da débeda. Debemos saber a quen e a que empresas se beneficiaron con diñeiro público, para poder exercer un maior control sobre o gasto.
  • Elaboración dun Plan municipal de desenvolvemento local, que camiñe cara a un novo modelo de desenvolvemento, fomentando novos xacementos de emprego desde o punto de vista da sustentabilidade económica, social e ambiental, así como a perspectiva de xénero, como poden ser os servizos ligados ao desenvolvemento da lei da dependencia, actividades culturais, enerxías renovables, novas tecnoloxías, investigación civil, agricultura ecolóxica, turismo,...
  • Creación do Consello Económico e Social.
  • Estudar a creación dunha Empresa Pública de Servizos.
  • Plans de investimento local, con financiamento propio e doutras administracións, dirixidos a cambiar o modelo de desenvolvemento: eficiencia enerxética, medio ambiente, mellora das infraestruturas do servizo de auga, servizos sociais e perspectiva de xénero.
  • Medidas municipais anticrise, que incidirán nos seguintes aspectos: progresividade fiscal, axuda para os colectivos con menos recursos, control do gasto (especialmente nos protocolarios), centralización das compras e contratacións, eficiencia enerxética, facilidades no pago de débedas co concello, potenciación do público,...
  • Plan de apoio municipal ao pequeno e mediano autónomo, especialmente daqueles que supoñen un valor engadido dende o punto de vista social e ecolóxico.
  • Plan de apoio ao pequeno e mediano comercio, co apoio das administracións aos diferentes colectivos de comerciantes. Este plan incidirá na revitalización comercial local fronte á oferta das grandes superficies, potenciando unha estrutura de pobo que favoreza o uso dos espazos públicos para o paseo, o lecer e as compras.
  • Potenciar o turismo local, comarcal e provincial, a través de plans e accións específicas, que aglutinen os principais recursos locais e a súa contorna: cultura (festivais, festividades, patrimonio, centros culturais, Cipes, Centro de Interpretación da Natureza, Adro Vello, Castro da Siradella, Cantodorxo...); espazos naturais (sendas verdes, paraxes, Monte Siradella, Miradoiro Con da Hedra, Monte Central da Toxa...); vila do comercio, gastronomía... Potenciar unha imaxe do Grove aparellada a un modelo de vila moderna, solidaria, alternativa e ecolóxica.
  • Incentivos públicos a aqueles proxectos que se consideren de interese económico municipal, por creación de emprego ou reactivación da actividade económica.
  • Fomento da economía social e do cooperativismo como forma de desenvolvemento propio, aplicando un réxime de subvención e axudas económicas, así como apoio técnico. Promoverase o coñecemento das cooperativas de traballo e sociedades laborais.
  • Incentivar especialmente ás empresas con participación maioritaria de mulleres.
  • Plan de desenvolvemento económico e social dos barrios e zonas máis desfavorecidas da vila.
  • Promover a produción e consumo de produtos naturais ecolóxicos e a agricultura ecolóxica e de proximidade.
  • Promover o mercado municipal como garantía de calidade dos produtos do mar, agricultura,...
  • Actividades de promoción do comercio xusto, entendendo por tal aquel que comercializa con respecto das condicións dos traballadores, do medio ambiente e da igualdade de xénero. Neste sentido, os produtos que se consuman ou vendan nas dependencias municipais seleccionaranse dando preferencia aos elaborados con criterios de comercio xusto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario