- Crear e potenciar a Concellería de Participación Cidadá que teña como obxectivos:
* A elaboración e posta en marcha dun Plan
Municipal de Participación Cidadá.
* A elaboración dun regulamento de
Información e Participación Cidadá.
* A modificación do Regulamento Orgánico do
Concello para regular o desenrolo das sesións plenarias e permitir a
participación da veciñanza.
* A creación da Escola de Participación
Cidadá.
* O establecemento dun modelo de mediación
veciñal co fin de resolver de forma negociada os conflitos derivados da
participación.
* Creación, fomento, difusión e potenciación
dos foros temáticos con participación.
Traballar cara uns orzamentos
participativos.
- Fomentar a creación/recuperación das asociacións veciñais nos diferentes barrios, poñendo dende o Concello os mecanismos precisos de axuda.
- Impulsar a realización de asembleas, consultas e referendos locais sobre temas de importancia para o pobo, como unha maneira de participación directa da veciñanza.
- Habilitar un Buzón Cidadá.
- Debate anual no pleno do Concello sobre o “Estado do Municipio”, con ampla difusión e participación cidadá, co obxecto de que haxa quendas de réplica e contrarréplica, converténdose nun verdadeiro debate
Ningún comentario:
Publicar un comentario