POLÍTICAS
ACTIVAS DE EMPREGO
- Concorrer aos diversos plans de emprego convocados dende a Xunta e outras administracións, co obxectivo de que sirvan, non só para atopar un emprego temporal, senón para adquirir unha formación suficiente para integrarse no mercado laboral. A selección nestes plans farase con absoluta transparencia e con participación dos sindicatos, empresarios e formacións políticas.
- Apoio aos emprendedores, pequenos autónomos e PEMES, base importante da economía local do noso concello.
- Potenciar as políticas activas de emprego, a través da Axencia Municipal de Emprego, en coordinación co Servizo Público de Emprego. Realizaranse seguimentos dos demandantes a través de itinerarios personalizados
- Políticas de contratación dirixida a colectivos máis desfavorecidos. Parados de longa duración, mulleres, mocidade, inmigrantes, vítimas de violencia de xénero, ex-reclusos...
- Pleno desenvolvemento, extensión e creación de Escolas Taller e Casas de Oficios, como instrumento de inserción xuvenil, mellora da cualificación profesional e apoio á conservación do patrimonio público.
- Aposta e procura de novos xacementos de emprego.
- Incluír cláusulas sociais nas licitacións das administracións públicas, dando prioridade ás pequenas empresas e autónomos locais, así como á creación de emprego, especialmente estable.
- Introducir a perspectiva de xénero en todas as políticas de emprego do Concello. Incluír cotas mínimas para as mulleres nos diferentes plans de emprego e formación.
- Fomentar as cooperativas para realizar servizos públicos.
- Fomentar o turismo rural como fonte de emprego, a través de explotacións gandeiras, cultivos ecolóxicos, labores de campesiñado laboral, etc.
- Incluír cláusulas referidas ao salario e cumprimento das normas de seguridade dos traballadores de contratas polo Concello, así como a cláusula de subrogación.
- Rexeitamento ás contratacións por parte do Concello a través de Empresas de Traballo Temporal.
- Campañas contra a discriminación laboral entre homes e mulleres.
- Creación dunha normativa que penalice ás empresas con altos graos de eventualidade nas relacións comerciais, ou contratacións de obras ou servizos, co concello.
- Potenciar ao pequeno e mediano comercio como forma de manter cohesión social.
- Formación Profesional:
* Crear o Centro FP de Hostalería e Centro de
Investigación e Desenvolvemento Turístico nos que se inclúan estudos para
desestacionalizar. I+D tecnolóxico, formación, cursos a nivel galego,...
* Ampliar a oferta de FP no IES Monte da Vila
equiparando ou mellorando o número de ciclos ofertados polos concellos
limítrofes (no Grove so se imparte un). Solicitar ciclos para o noso concello
relacionados co tecido produtivo (hostalería, conserva, mar, frío, novas
tecnoloxías,...)
EMPREGO
PÚBLICO
- Ofertas de emprego público periódicas para cubrir os servizos que o Concello presta á cidadanía, así como novos servizos que sexan necesarios.
- Negociar e executar a Relación de Postos de Traballo (RPT) dotándoa de orzamentos.
- Actualizar as bases da bolsa de emprego, adaptándoas ás necesidades reais do concello.
- Apoiar e impulsar ás pequenas explotacións de agricultura ecolóxica.
- Reducir ao máximo as horas extraordinarias, substituíndoas, sempre que sexa posible, pola creación de emprego.
- Potenciar as empresas públicas como garantía de bo servizo e emprego estable e profesional.
- Manter as 35 horas semanais para traballadores municipais, co fin de repartir o traballo. Seguirase insistindo na necesidade de instaurar as 35 horas por lei na empresa privada.
- Cumprimento efectivo da porcentaxe mínima do 7% de prazas do total da oferta pública anual para discapacitados, para diversas categorías, incluídas as máis altas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario