- Atender á coordinación entre a área de acción social e as concellerías de educación, cultura, vivenda, urbanismo, emprego, consumo e facenda, con participación dos axentes sociais e asociacións.
- Establecer un plan de axudas, especialmente no período de crise, que adianten e amplíen as concedidas pola Xunta, sempre baixo o control dos servizos sociais do Concello.
- Esixir á Xunta a ampliación das axudas sociais (IMS, axudas de emerxencia,...) así como a posta en marcha da Lei de Servizos Sociais.
- Apoiar a formación continua dos traballadores, así como a creación de postos de traballo que permitan un desenvolvemento dos proxectos con calidade e continuidade.
- Mellorar o sistema de orientación e información ao cidadán, promovendo o coñecemento dos recursos sociais.
- Crear unha rede de colectores de recollida de roupa usada, de xestión municipal, para o reparto entre as organización benéficas da localidade.
- Potenciar as iniciativas de carácter Social.
- Recuperar o servizo de prevención de drogodependencia.
- Apoio ás persoas con autonomía reducida.
- Realizar unha xestión integrada dos servizos sociais a nivel superior, para obter unha maior información e poder ofrecer máis recursos á poboación.
- Apoio ó desenvolvemento e integración comunitaria de persoas con dificultades especiais de incorporación social.
- Promover a conciliación laboral- familiar de persoas con cargas familiares (menores, maiores, persoas enfermas, dependentes) mediante unha bolsa de emprego de persoal cualificado, cooperando con asociacións, sendo un bo emisor das normativas que favorecen a conciliación. O fin desta acción será evitar o empobrecemento económico dos fogares.
- Establecer unha comunicación frecuente e aumentar a visibilidade dos centros sociais da localidade (pertencentes ás Redes de centros sociais).
- Novo CENTRO DE SAÚDE. Poñer a disposición da Xunta de Galicia os terreo precisos para a construción deste inmoble e instar ao ente autonómico a destinar orzamentos e executar a obra co propósito de resolver o déficit de instalacións e servizos sanitarios no noso Concello.
- Solicitar unha unidade de radioloxía para o Centro de Saúde actual namentres non se constrúa o novo.
- Control da calidade das augas de consumo e vixilancia e control das augas residuais.
- Control da contaminación atmosférica e vixilancia do nivel de ruídos e vibracións.
- Control da hixiene das dependencias municipais así como de lugares públicos de restauración, comercio, comerciante polo miúdo, mercados, hoteis, escolas, zonas de lecer e recreo,...
- Desenvolvemento de actividades e programas de promoción da saúde: hábitos saudables en materia de alimentación, educación sexual, actividade física beneficiosa para a saúde, prevención de infeccións, prevención de enfermidades de transmisión sexual, dirixidas á poboación en particular e aos centros educativos en especial.
- Plan municipal de drogas. Campañas de sensibilización sobre os prexuízos do consumo de drogas, alcohol e tabaco. Promover o consumo responsable.
- Solicitar o servizo de Pediatría de Garda para o noso concello.
- Transparencia na xestión de listas de espera e demandar a súa redución.
- Implantar mecanismos de protección dos máis débiles e dos máis enfermos.
- Coordinar os servizos sociais e sanitarios entre si. Coordinar os servizos sanitarios con outras estruturas da saúde pública.
- Mellorar a calidade da asistencia sanitaria.
- Esixir a transparencia informativa das administracións sanitarias.
- Promover a realización de charlas informativas sobre as enfermidades máis comúns e problemas de saúde prioritarios na localidade, para previr e mellorar a calidade de vida.
- Mellorar o desenvolvemento da atención a colectivos específicos: pacientes crónicos, atención sociosanitaria, atención a domicilio, atención a persoas maiores…
- Solicitar a redución do gasto farmacéutico dos cidadáns.
- Demandar a solución de problemas relacionados cos dereitos e procesos.
- Elaboración dun Plan Integral para o desenrolo da Lei de Dependencia no Grove.
- Construción dun CENTRO DE DÍA para a atención a persoas dependentes.
- Crear un observatorio da accesibilidade e camiñar cara un pobo accesible 100% eliminando todas as barreiras arquitectónicas que aínda existen no concello.
- Regularización das tarxetas de estacionamento de vehículos para persoas con mobilidade reducida e aumentar as prazas de estacionamento no Concello.
- Poñer en marcha o Consello Local dos Maiores.
- Subvencionar viaxes culturais para os nosos maiores.
- Poñer en valor ás mulleres e recoñecer a súa labor social no coidado de maiores e dependentes.
- Atención especial para persoas maiores que vivan soas.
- Promover guías informativas sobre recursos para as familias.
- Impulsar a dinamización demográfica.
- Favorecer a participación e calidade de vida dos nenos e adolescentes en exclusión en actividades formativas e de tempo libre.
- Realizar un estudo sobre a accesibilidade e inclusividade dos parques infantís existentes no municipio e adoptar as medidas necesarias para mellorar estes aspectos.
SERVIZOS SOCIAIS, SANIDADE E BENESTAR
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario